Arredor do medio milleiro de traballadores e traballadoras de Atento Coruña -empresa de telemárquetin filial de Telefónica-, convocados pola CGT, percorreron onte á noite en manifestación as rúas do centro da Coruña en protesta polos 84 despidos do servizo 11822 e outros 26 traslados forzosos á delegación da empresa en León.

Ante a inutilidade da suposta intervención das autoridades laborais e políticas, a falsa negociación coa empresa non deu froito algún e os traballadores amosaron nas rúas a raiba contida e a demanda de readmisión dos compañeiros despedidos, loitando contra o desmantelamento paulatino do centro de traballo da Coruña que están a levar a cabo Atento e Telefónica, co silencio complice de autoridades, politicos e mesmo dalgunha central “sindical”.


Fuente: CXT-CGT A Coruña

500 Trabajadoras y Trabajadoras de Atento Coruña se manifiestan contra despidos y traslados